Temos a convicción de que o cambio social que necesitamos debe ser abordado dende a mirada feminista e interseccional de forma que estea presente en tódalas áreas das nosas vidas.
Os nosos obradoiros e formacións son sementes de feminismo e igualdade de xénero nos territorios.
Traballamos a corresponsabilidade, a visibilización das diversidades e a creación de espazos de coaprendizaxe para fortalecer as relacións socioafectivas.