Un camiño para a transformación ecosocial dos territorios.

Os nosos servizos contan con metodoloxías adaptadas ás necesidades ecosociais do momento actual nos territorios rurais e urbanos.

Nas nosas iniciativas, cápsulas formativas e accións sociais encontraremos os seguintes obxectivos:

  Sensibilizar e concienciar acerca da emerxencia climática, ecosocial e das opresións exercidas polo patriarcado.
  Poñer ao alcance alternativas ecosociais para decrecer mellor.
  Ofrecer propostas educativas sostibles traballando os hábitos de consumo, a equidade de xénero e a participación na comunidade mediante proxectos sociais.
  Traballar e promover a igualdade de xénero de forma directa e transversal.
  Acompañar mediante os nosos servizos ao sistema educativo/comunidade, cunha perspectiva ecosocial e ecofeminista das sociedades para rexenerar outros futuros posibles coa posta no centro da natureza e das persoas.
  Traballar a corresponsabilidade social dende as nosas propostas educativas, en materia de traballos e coidados indispensables para soster a vida.
  Levar a cabo proxectos e procesos que apoien a autoxestión da cidadanía promovendo o empoderamento social dende o ecofeminismo e prácticas de coidados á terra e aos territorios.
  Crear redes de traballos interdisciplinares incorporando I+D+I nos nosos proxectos sociais.