:: Por outros presentes e futuros posibles ::

Os nosos proxectos sociais aportan resistencia e resiliencia comunitaria.

Proxectos que nutren persoal e comunitariamente.

Proxectos que van da man da Arteterapia, da Arte, dos ecofeminismos, da custodia do territorio, da soberanía alimentaria e de ofrecer oportunidades formativas e educativas.

Ecofeminismo e Arte

Convocamos a participación no proxecto de “Ecofeminismo e Arte” en resposta á opresión exercida ás mulleres e á natureza mediante a aportación dunha fotografía ou vídeo que represente a loita ecoloxista e feminista.
Este proxecto ten como obxectivo final a celebración dun encontro no que se exporán as creacións artísticas e se compartirán as obras e os procesos creativos para fomentar a resiliencia e a resistencia comunitaria: do individual ao colectivo.

CALENDARIO
ó 3 de febreiro de 2023 · Apertura da convocatoria
ó 24 de marzo de 2023 · Peche da convocatoria
ó 10 de abril de 2023 · Comunicación do lugar do encontro
ó 6 de maio de 2023 · Encontro ecofeminista entre as persoas participantes.
Consulta as bases de participación aquí

Arteterapia e Terceira Idade

Facer arteterapia cos maiores da comunidade é unha das maneiras que temos de expresar a nosa sensibilidade pola vida.

Grazas á implicación de empresarias como axentes activos da sociedade, podemos chegar a xerar un impacto sensible e de coidado das emocións para as persoas participantes.